Información xeral

O grupo de investigación Economía dos Recursos Naturais e Ambientais (ERENEA) da Universidade de Vigo foi creado no ano 2004 como fusión de dous grupos de investigación xa existentes (Economía dos Recursos Naturais – Pesca – e Economía Ambiental aplicada ó mundo rural e ós espazos naturais), ó que se incorporaron investigadores individuais que comparten intereses e áreas de investigación.

O ámbito de investigación do grupo é extenso e podería ser englobado en tres grandes áreas: Economía da Pesca, Economía Forestal e das Áreas Naturais e Valoración Económica de Externalidades Ambientais.

En xeral, a investigación que realizamos trata de aplicar técnicas de análise económica a problemas relacionados coa xestión de recursos naturais renovables e coa análise dos danos (con e sen mercado) da contaminación derivada de procesos de produción e consumo.