Posgrao

PROGRAMA DE DOUTORAMENTO DOMAR. CAMPUS DO MAR.

O grupo ERENEA ten participado activamente no deseño e execución do Programa de Doutoramento “Marine Science, Technology and Management (DOMAR)”, Programa Interuniversitario e interdisciplinar que se imparte desde 2011, coa participación das Universidades de Vigo (coordinadora), A Coruña, Santiago de Compostela, do Minho, Aveiro, e Tras os Montes, e a colaboración do Instituto Español de Oceanografía e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Ademais de ter coordinado varios cursos de especialización do Programa, presentáronse dúas teses doctorais no Programa e están en vías de realización outras, dirixidas por membros de ERENEA. As teses xa defendidas son:

– “Enfoque ecosistémico y evaluación de impactos socioeconómicos de la pesca en Galicia”, doutorando José Luis Santiago Castro-Rial, dirixida por Juan Surís Regueiro, 17/03/2017.

– “Gobernanza policéntrica en sistemas socio-ecológicos complejos : la gestión de la pesquería del pulpo común (“Octopus vulgaris”) en Galicia”, doutoranda Marta Álvarez Ballesteros, dirixida por Gonzalo Caballero Míguez e Manuel Varela Lafuente, 04/05/2018.

Outras dúas teses están actualmente en vías de realización.

DOUTORAMENTO ECOBAS (Economics and Business Administration for Society)

ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é unha agrupación estratéxica creada no seo da Universidade de Vigo cuxo obxectivo é unificar e consolidar a colaboración entre os grupos de investigación de referencia no ámbito da economía e a empresa co fin de maximizar o impacto académico, económico e social das súas actividades de I+D+i a nivel rexional, nacional e internacional.

Profesores do grupo teñen participado ou están participando na Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Economía e Empresa que se imparte na Universidade de Vigo, e que actualmente é un dos productos significativos da Agrupación Estratéxica ECOBAS. Como resultado constatable, no seo do programa téñense lido varias teses doutorais, dirixidas por membros de ERENEA, en temáticas relativas ás liñas identificativas do Grupo:

  • “Valoración económica del patrimonio. Beneficios sociales de la conservación”, doutorando Roi Durán Medraño, dirixida por Mª Xosé Vázquez e Begoña Álvarez-Farizo, 2012 (Programa previo).

– “Efectos económicos del cambio climático en pesquerías. Una aplicación a la pesquería de sardina iberoatlántica”, doutoranda Julia Torralba Cano, dirixida por Mª Dolores Garza Gil e Manuel Besada Morais. 2013.

  • “Análisis institucional, cumplimiento de normas y gestión de los recursos naturales: fundamentos y estudios de caso desde la nueva economía institucional”, doutoranda Raquel Fernández González, dirixida por Gonzalo Caballero Miguez, 23/02/2015.“Modelo multiespecífico para la merluza y el lirio en los caladeros comunitarios”, doctorando Marcos Pérez Pérez, dirixida por Mª Dolores Garza Gil e Manuel Varela Lafuente, 27/01/2017.

MASTER EN ECONOMÍA (ECOBAS)

Profesores membros do Grupo ERENEA teñen participado no deseño, na organización e na docencia do Máster Interuniversitario en Economía. Este Máster impártese en colaboración polas tres Universidades de Galicia (USC, UdC e UVIGO).

O obxectivo do mesmo é contribuír a formar profesionales altamente cualificados en técnicas, conceptos, teorías e metodoloxías da ciencia económica e da empresa en ámbitos que a economía de Galicia necesita. Esta formación leva implícita a capacitación para a toma de decisións estratéxicas. Partindo da formación avanzada nos fundamentos e técnicas económicas, o Programa de Máster ofrece catro itinerarios que cubren un amplo espectro de posibilidades: políticas públicas e análise económica rexional; Economía e finanzas; economía e sociedade; e análise económica.

Profesores de Ecobas participan na Comisión Académica do Programa, na coordinación do Itenerario de Economía e Sociedade e na impartición de varias materias do Programa.