Posgrao

O grupo erenea participa actualmente Nos seguintes programas:

a) Programa de Doutorado Marine Science, Technology and Managament, realizado ó amparo do Campus do Mar, Campus de Excelencia Internacional. Trátase dun Programa Interuniversitario e interdisciplinar, no que participan as Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Aveiro, Minho e Tras os Montes, así coma o Instituto Español de Oceanografía e o CSIC (a través do Instituto de Investigacións Mariñas). O coordinador actual do Programa é Manuel Varela Lafuente, membro de Erenea.
b) Programa de Doutoramento en Economía, xunto a outros grupos da área económica da Universidade de Vigo, formando parte das súas liñas de investigación e da súa Comisión Académica. O coordinador do Programa é Carlos Hervés.
c) O Grupo participa no Máster en Economía, Mercados Financieiros e Empresa , integrándose, xunto a outros grupos das áreas económicas da Universidade de Vigo, no seu corpo docente e na súa Comisión Académica. Coordinan Fidel Castro-Rodríguez e Baltasar Manzano.